> Actualidade |Agosto 2025

Axudas sen límite da Xunta para a reconstrución das zonas afectadas polos incendios

Habilitáronse 16 oficinas de atención aos afectados con medio centenar de empregados públicos

> Redacción

A finais de agosto a Xunta de Galicia ce lebrou un Consello extraordinario en Ourense no que aprobou unha liña de axudas directas para im pulsar a reconstrución das zonas afectadas polo lume. Trátase de achegas dirixi das a apoiar os cidadáns e os concellos, con axudas para a recuperación de vivendas, explotacións agrogandeiras, negocios ou instalacións municipais. Poden solicitar se desde o 1 de setembro. Todas as persoas que teñan dereito ás axudas van reci bilas, sen límite de impor te total, explica o Goberno galego, na medida en que o obxectivo para por chegar ao máximo número de be neficiarios que teñan derei to. Para a Xunta de Galicia resulta prioritario que a re construción sexa “o máis rápida posible”. As axudas aprobadas polo Consello serán compatibles coas do Executivo estatal sempre que a suma total dos fondos non supere o total do dano provocado polo lume. Para axilizar e resolver dúbi das sobre a tramitación des tas achegas, a Xunta habili tou, 16 oficinas de atención aos afectados polos incen dios nas que traballarán medio centenar de empre gados públicos. Ademais, tamén está á disposición dos cidadáns o teléfono de información 012, que se verá reforzado. 

Apoio á reconstrución de vivendas

 

No caso das vivendas de uso habitual ou permanente, os propietarios poderán reci bir ata 132.000€ para a súa rehabilitación ou para a súa reconstrución, ou adquirir unha nova vivenda se o in moble fose declarado ruino so. Do mesmo xeito, haberá axudas para renovar o enxoval doméstico con contías de ata 16.200€. Cando se trate da segunda residencia, os titulares te rán dereito a axudas de ata 66.000€ para a rehabilita ción ou a reconstrución da mesma. Ademais poderán recibir ata 5.400€ para mo bles e utensilios domésticos. Quedan fóra destas achegas aquelas casas que estivesen abandonadas no momento de producírense os lumes. Ademais, os afectados po los incendios tamén pode rán beneficiarse de axudas complementarias para o re aloxo mentres se rehabilitan as vivendas danadas sempre que fose domicilio habitual do solicita. Por unha parte, a través das medidas deriva das dos convenios e acordos con concellos e entidades de apoio a estes veciños e, por outra, co acceso ao Bono alu gueiro social. Neste caso, os afectados poderán recibir ata o 100% da renda do aluguei ro -sempre que non superen os límites fixados por conce llos que rexen nas bases des te Bono- e unha achega extra de 600 euros para sufragar os gastos do aloxamento provi sional, do transporte ou da mudanza. As achegas de Vi venda poderán solicitarse ata o vindeiro 28 de novembro.

 

Explotacións agrogandeiras e forestais

 

As medidas aprobadas pola Xunta contemplan diferentes liñas de axudas para apoiar as explotacións agrícolas, gandeiras e forestais das zo- nas afectadas polo incendios. Todas elas cubrirán o 100% do investimento, cun límite máximo en función do tipo de axuda que nalgúns casos pode chegar aos 200.000 eu ros por persoa. Os titulares poderán soli citar axudas para a repara ción de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción das explotacións. No caso de que quedasen inutilizados, poderían ser substituídos por maquinaria nova ou de segunda man. A contía máxima será de 200.000 euros/persoa. Ade mais habilítase unha achega para a adquisición de ali mentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas superviventes nas zonas afectadas, para un período máximo de 6 meses. A contía máxima será de 15.000 euros/persoa. A Xunta tamén indemnizará os gandeiros e agricultores por perdas na produción ou animais. No primeiro caso, haberá achegas de 12.700€/ hectárea para os produtores de viño, de 1,22€/quilo para os de castaña, a indemniza ción pola perda de forraxe calcularase en función do estado (sen recoller, pacas, ensilado) e no resto de pro dutos serán con base nos va lores dos prezos establecidos na liña de seguros agrarios. En canto, ás axudas para paliar a morte de gando ou abellas estimaranse segundo o tipo de especie e a idade do animal. No caso do gan do bovino, establécese un máximo de 1.600 euros por animal maior ou igual a 18 meses e menor de 120.

Outras liñas de axudas

 

Habilitaranse ademais ou tras catro liñas de axudas para reparar os danos nas explotacións forestais. Ta mén poderán pedir axudas os centros produtivos e ne gocios afectados polos in cendios, os concellos polos gastos ocasionados e os da nos en bens de titularidade municipal, os Tecores e ha berá indemnizacións por da nos físicos ás persoas. A maiores, a Xunta facilitará o cumprimento das obrigas tributarias ás persoas con domicilio fiscal nos conce llos afectados polos incen dios forestais, ou que, sen ter domicilio fiscal nos con cellos afectados, tiveran un establecemento comercial, industrial, turístico ou mer cantil ou explotacións fores tais, agrícolas ou gandeiras radicadas neles. 

Lalín celebra as Festas das Dores 2025 do 19 ao 23 de setembro

Todo listo na capital do Deza para celebrar as súas festas patronais deste ano. O programa das Festas das Dores 2025 de Lalín contempla do 19 ao 23 de setembro un amplo programa musical e de animación para todos os públicos. Como novidade, este ano haberá o Festival BaiLalín que acollerá o sábado 20 de setembro no recinto do Campo da Festa. O pregoeiro deste ano será Damián Paío. As festas comezarán o 19 de setembro coa música a cargo de “Tributo Sabinero”, Os Xuncos e a orquestra América de Vigo. O sábado 20, ademais do BaiLalín, o grupo La Guardia porá o prato forte musical. Tamén haberá Festival de Gaitas e as actuacións da charanga Kilómetro 0, Lira de Prado, Os Trasnos de Doade e Carballo de Manteiga. Xa o domingo 21 o programa convida aos asistentes a asistir á actuación de The Maravillosos Tenors coa Banda de Lalín, e o resto do día a música correrá a cargo da orquestra Cinema e Susie Q´s. Nesa xornada haberá ademais exhibicións deportivas e outras actuacións como a Coral de Lalín ou os Dezas de Moneixas. O luns 22 as Festas das Dores contarán coa presenza dos Festicultores e a orquestra que porá a animación nocturna será a París de Noia. Ese día a programación terá tamén exhibicións deportivas, danza e zumba e outras actuacións coma a da Banda de Vilatuxe e a Carballeira de Cercio. Para o fin de festa o 23 de setembro a música a porán a Charanga Ardores e a orquestra Panorama. 

> Vila de Cruces|Xullo 2025

XXXII Xuntanza de Maiores 

Vila de Cruces celebra do 8 ao 11 de agosto as festas da Piedade 2025 

As festas patronais de Vila de Cruces teñen lista a súa programación deste ano, do 8 ao 11 de agosto o Concello de Vila de Cruces encherá súas rúas de música, actividades e animación na honra da súa patroa. Os festexos comezarán o venres 8 de agosto coa tradicional cea de peñas Praza do Concello, que ademais estará amenizada polas actuacións de Ponto Cero e o DJ PD´s Alive, logo do tamén tradicional “chupinazo” ás doce da noite que arrancará os festexos cruceños.

 

O sábado 9 de agosto a música nas rúas correrá a cargo de Vai Nela de Salgueiros, e ademais da misa solemne celebrarase a -XVIII edición do Rali de Carretillas- e un concerto da Unión Musical Ponteledesma. Pola noite haberá un dos pratos fortes das festas, o concerto tributo a Joaquín Sabina “La penúltima sabinera” e a noite continuará amenizada en Vila de Cruces polo disco móbil Karamelo. Xa o domingo será a protagonista da xornada festiva a Banda Artística de Merza, que fará pasarrúas pola mañá e un concerto a mediodía. Ademais da misa, a xornada dominical da Piedade contará coa actuación do grupo de baile Punteirolo e a orquestra Metrópolis. O luns 11 de agosto rematarán as festas con misa e a actuación de Odaiko.

Contacto

Director Xerente: Manuel Núñez Fiuza

Deseño e maquetación: Bearisa
Colaboradores: Iago Mouriño, Bartolo Landiño, Tomás Troitiño,
David Devesa, Luis Lince, Pedro Carrio, Manuel Estévez e González Bearisa.

Administración-Publicidade: Rúa Calzada 11, 4º B - Lalín.
Tlf.: 986 780 615986 780 615 • Fax: 986 780 615 • Móvil: 625 120 810625 120 810
e-mail: manuelfiuza@gmail.com

 

www.lalinecomarca.es